Sunday 19 de May de 2024

Amigos da arqueoloxía visita o Museo do Traxe


Máis de 20 integrantes da asociación coruñesa Amigos da arqueoloxía visitaron onte o Museo do Traxe Juanjo Liñares, na vila de Ordes. Cada un destas persoas, amantes da historia e do antigo, puideron ver de primeira man a gran variedade e riqueza de vestimentas rexionais de toda España, así como as de outros países. Non foi o único, xa que da man do persoal do museo falóuselles tamén de cuestións relacionadas co baile e co folclore. E todo isto grazas ao legado do gran bailarín e coreógrafo, medalla da prata das Belas Artes (1994) e medalla de bronce de Galicia (2003), que dá nome a este espazo cultural de gran importancia para o municipio,